MODIFICADO O REGULAMENTO DO PLAN DE PENSIÓNS DE GAS NATURAL FENOSA

22/09/2015

  No día de hoxe aprobouse por unanimidade a modificación do Regulamento do Plan de Pensións de Gas Natural Fenosa para a súa adaptación ao novo marco legal.

   Texto do novo regulamento en documentación.

COMUNICADO CIG - CC.OO.-FI SOBRE VALORACIÓN PLAN DE PENSIÓNS


26/10/2011

En relación co último informe trimestral do noso Plan de Pensións, cos resultados acumulados, queremos achegarvos unha explicación sobre as causas destes resultados.

En relación coas perdas experimentadas a 30 de setembro polo noso Plan de Pensións, débense, basicamente, á inestabilidade das entidades financeiras, coa consecuencia directa de fortes depreciacións nos bonos de renda fixa, o que supuxo para o noso Plan unha perda de 5 millóns de euros só neste mes.

Aquí é onde ven unha gran incoherencia: os activos dos fondos de pensións vense na obriga de valorarse diariamente a prezo de mercado, incluída a renda fixa, aínda que sexa un activo de aforro a longo prazo, é dicir, que se adquirira coa intención de mantela ata o seu vencemento, momento no que se recupera o 100% do valor de adquisición máis os xuros correspondentes, como é o noso caso.

Ante esta situación, non é momento de tomar decisións á lixeira, senón de esperar a que a volatilidade e a desconfianza amaine, producíndose de xeito natural a recuperación do valor liquidativo e das perdas producidas no mes de setembro en todos os plans de pensións.

 


+ Ver máis

O FUTURO DO PLAN DE PENSIÓNS E O SINDICALISMO NA NOSA EMPRESA


18/10/2011

Aínda que o razoable sería deixar fora do xogo político-sindical ao Plan de Pensións naqueles aspectos que teñan unha natureza exclusivamente de rendibilidade económica,  e centrarnos máis no que respecta aos dereitos dos traballadores, algúns parecen que están a xogar co futuro de todos nós para tapar así a súa ineficacia e a súa xestión nos últimos anos.

Tras transcorrer máis dun ano de silencio por parte de dous sindicatos con implantación en Gas Natural (estámonos a referir a FIA-UGT e a CCOO-Fiteqa), facendo neste tempo caso omiso aos intentos da Comisión de Control do Plan de Pensións de Unión Fenosa por cumprir coa legalidade, unicamente a apertura dun expediente por parte da Dirección Xeral de Seguros fixo que se moveran, posibilitando un acordo no derradeiro momento e así evitar a disolución do Plan.

Tanto FIA-UGT como CCOO-Fiteqa utilizaron a negociación da integración dos dous plans para ocultar a súa ineficacia durante todos estes anos, e agora atrévense a calificar o acordo como mediocre porque os compañeiros de Unión Fenosa teñen mellores condicións que os compañeiros de Gas Natural.



+ Ver máis