MODIFICADO O REGULAMENTO DO PLAN DE PENSIÓNS DE GAS NATURAL FENOSA

22/09/2015

  No día de hoxe aprobouse por unanimidade a modificación do Regulamento do Plan de Pensións de Gas Natural Fenosa para a súa adaptación ao novo marco legal.

   Texto do novo regulamento en documentación.

NEGOCIACIÓN CONVENIO COLECTIVO

09/07/2015

   No día de onte procedeuse a constitución da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo, cuia vixencia remata no presente ano 2015.
  
   Temos por diante unha negociación difícil, na que a CIG seguirá a defender o mantemento das nosas condicións laborais actuais e a mellora daqueles colectivos que se encontran nunha situación máis desfavorable.
   
   Nesta negociación debemos contar coa opinión dos traballadores para tomar aquelas decisións que nos afectan a todos. Esa foi a actitude da CIG na negociación do convenio actual, e tamén é o noso compromiso cara a negociación do novo convenio.

+ Ver máis

A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN GALICIA EN GAS NATURAL FENOSA

20/04/2015

A CIG gañou en Galicia as eleccións sindicais celebradas o día 16 de abril en Gas Natural Fenosa, acadando máis do 52% do número de delegados a elixir.

Deste xeito, a CIG renova a maioría dos delegados en Galicia, e mantén un membro na Mesa Negociadora estatal en Gas Natural Fenosa.

+ Ver máis

SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO EN CONTRA DA REFORMA LABORAL DO PARTIDO POPULAR

22/12/2014

O Tribunal Supremo ven de dictar unha sentenza que declara que os dereitos dos traballadores non se perden coa finalización dos convenios, senón que pasan a formar parte dos dereitos individuais de cada traballador ata o momento no que se asine un novo convenio.

Deste xeito, queda anulada unha das medidas máis prexudiciais para os traballadores, contemplada na reforma laboral do Partido Popular, que a Patronal levaba anos pedindo para eliminar a capacidade de negociación colectiva dos traballadores nos seus convenios.

NOVO NÚMERO DE O CANDIL


15/12/2014

En "Documentación" O Candil nº 10

A Sección Sindical da CIG en Gas Natural Fenosa en contra das intencións da Empresa de estender a exclusión de convenio

APROBADO O PLAN DE IGUALDADE EN GAS NATURAL FENOSA

12/12/2012

Con data 4 de decembro aprobouse o Plan de Igualdade en Gas Natural Fenosa, que afecta ás empresas dos antigos grupos Gas Natural e Unión Fenosa.

+ Ver máis

A AUDIENCIA ABSOLVE AOS COMPAÑEIROS SINDICALISTAS

04/12/2012

A Audiencia Nacional revocou a sentenza do Xulgado do Penal de Pontevedra que condeara a dous sindicalistas da CIG e un de CC.OO. a pena de prisión pola folga que tivera lugar no sector da alimentación.
Deste xeito, ponse fin á folga de fame que levaban a cabo, e que despertou multitude de adhesións e apoios de diversos colectivos sociais, ante un feito máis de intento de represión sindical.


+ Ver máis

AS MÁIS DE 500.000 PERSOAS QUE SAÍRON ONTE ÁS RÚAS GALEGAS RATIFICAN O ÉXITO DA FOLGA DO 14N


15/11/2012


+ Ver máis

A REFORMA LABORAL, UN ATAQUE AOS DEREITOS DOS TRABALLADORES


15/02/2012

A Sección Sindical da CIG en Gas Natural Fenosa rexeita frontalmente a nova reforma laboral decretada polo Goberno Español, por considerala un ataque aos traballadores e un retroceso inaceptable nos dereitos acadados en todos estes anos.

Esta reforma non só non axudará a crear emprego, senón que incrementará a precariedade laboral e a crise social que estamos a padecer na actualidade.

Lonxe de aplicar medidas que incentiven o crecemento produtivo, o que se está a facer dende o Goberno español é claudicar diante das vellas esixencias do ultraliberalismo económico (bancarización das caixas, e concentración das entidades financeiras, redución do peso do sector público, desregularización do mercado laboral, etc.), o que fai necesaria unha rotunda contestación social que evite o continuo deterioro das condicións de traballo e do estado de benestar.


+ Ver máis