NEGOCIACIÓN CONVENIO COLECTIVO

09/07/2015

   No día de onte procedeuse a constitución da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo, cuia vixencia remata no presente ano 2015.
  
   Temos por diante unha negociación difícil, na que a CIG seguirá a defender o mantemento das nosas condicións laborais actuais e a mellora daqueles colectivos que se encontran nunha situación máis desfavorable.
   
   Nesta negociación debemos contar coa opinión dos traballadores para tomar aquelas decisións que nos afectan a todos. Esa foi a actitude da CIG na negociación do convenio actual, e tamén é o noso compromiso cara a negociación do novo convenio.

+ Ver máis

A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN GALICIA EN GAS NATURAL FENOSA

20/04/2015

A CIG gañou en Galicia as eleccións sindicais celebradas o día 16 de abril en Gas Natural Fenosa, acadando máis do 52% do número de delegados a elixir.

Deste xeito, a CIG renova a maioría dos delegados en Galicia, e mantén un membro na Mesa Negociadora estatal en Gas Natural Fenosa.

+ Ver máis

APROBADO O PLAN DE IGUALDADE EN GAS NATURAL FENOSA

12/12/2012

Con data 4 de decembro aprobouse o Plan de Igualdade en Gas Natural Fenosa, que afecta ás empresas dos antigos grupos Gas Natural e Unión Fenosa.

+ Ver máis