![]() |
|
![]() |
MODIFICADO O REGULAMENTO DO PLAN DE PENSIÓNS DE GAS NATURAL FENOSA |
22/09/2015 |
No día de hoxe aprobouse por unanimidade a modificación do Regulamento do Plan de Pensións de Gas Natural Fenosa para a súa adaptación ao novo marco legal. Texto do novo regulamento en documentación. |
|
NEGOCIACIÓN CONVENIO COLECTIVO |
09/07/2015 |
No día de onte procedeuse a constitución da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo, cuia vixencia remata no presente ano 2015. Temos por diante unha negociación difícil, na que a CIG seguirá a defender o mantemento das nosas condicións laborais actuais e a mellora daqueles colectivos que se encontran nunha situación máis desfavorable. Nesta negociación debemos contar coa opinión dos traballadores para tomar aquelas decisións que nos afectan a todos. Esa foi a actitude da CIG na negociación do convenio actual, e tamén é o noso compromiso cara a negociación do novo convenio. |
+ Ver máis |
A CIG GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN GALICIA EN GAS NATURAL FENOSA |
20/04/2015 |
A CIG gañou en Galicia as eleccións sindicais celebradas o día 16 de abril en Gas Natural Fenosa, acadando máis do 52% do número de delegados a elixir. Deste xeito, a CIG renova a maioría dos delegados en Galicia, e mantén un membro na Mesa Negociadora estatal en Gas Natural Fenosa. |
+ Ver máis |
SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO EN CONTRA DA REFORMA LABORAL DO PARTIDO POPULAR |
22/12/2014 |
O Tribunal Supremo ven de dictar unha sentenza que declara que os dereitos dos traballadores non se perden coa finalización dos convenios, senón que pasan a formar parte dos dereitos individuais de cada traballador ata o momento no que se asine un novo convenio. Deste xeito, queda anulada unha das medidas máis prexudiciais para os traballadores, contemplada na reforma laboral do Partido Popular, que a Patronal levaba anos pedindo para eliminar a capacidade de negociación colectiva dos traballadores nos seus convenios. |
|
NOVO NÚMERO DE O CANDIL |
![]() |
En "Documentación" O Candil nº 10 A Sección Sindical da CIG en Gas Natural Fenosa en contra das intencións da Empresa de estender a exclusión de convenio |
|
APROBADO O PLAN DE IGUALDADE EN GAS NATURAL FENOSA |
12/12/2012 |
Con data 4 de decembro aprobouse o Plan de Igualdade en Gas Natural Fenosa, que afecta ás empresas dos antigos grupos Gas Natural e Unión Fenosa. |
+ Ver máis |
A AUDIENCIA ABSOLVE AOS COMPAÑEIROS SINDICALISTAS |
04/12/2012 |
A Audiencia Nacional revocou a sentenza do Xulgado do Penal de Pontevedra que condeara a dous sindicalistas da CIG e un de CC.OO. a pena de prisión pola folga que tivera lugar no sector da alimentación. Deste xeito, ponse fin á folga de fame que levaban a cabo, e que despertou multitude de adhesións e apoios de diversos colectivos sociais, ante un feito máis de intento de represión sindical. |
+ Ver máis |
AS MÁIS DE 500.000 PERSOAS QUE SAÍRON ONTE ÁS RÚAS GALEGAS RATIFICAN O ÉXITO DA FOLGA DO 14N |
![]() |
|
+ Ver máis |
A REFORMA LABORAL, UN ATAQUE AOS DEREITOS DOS TRABALLADORES |
![]() |
A Sección Sindical da CIG en Gas Natural Fenosa rexeita frontalmente a nova reforma laboral decretada polo Goberno Español, por considerala un ataque aos traballadores e un retroceso inaceptable nos dereitos acadados en todos estes anos. Esta reforma non só non axudará a crear emprego, senón que incrementará a precariedade laboral e a crise social que estamos a padecer na actualidade. Lonxe de aplicar medidas que incentiven o crecemento produtivo, o que se está a facer dende o Goberno español é claudicar diante das vellas esixencias do ultraliberalismo económico (bancarización das caixas, e concentración das entidades financeiras, redución do peso do sector público, desregularización do mercado laboral, etc.), o que fai necesaria unha rotunda contestación social que evite o continuo deterioro das condicións de traballo e do estado de benestar. |
+ Ver máis |